skills-cabecera

REPRESENTACIÓN DE ALUMNOS DO CIFP A GRANXA NOS SKILLS DE XARDINERÍA PAISAXÍSTICA

Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia, na realización das correspondentes probas.

Este ano se celebran do 30 Novembro ao 1 de Decembro en Silleda.

skills-galicia

Dous equipos integrados por: Damián Ferreira Barros-Esther Ogando Pando e Laura Cangado Piteira-Esteban Lago Besada, alumnos do CIFP A Granxa forman parte de Galicia Skills na súa especialidade de xardinaria paisaxística. Estes alumnos están acompañados pola titora Verónica López Estevez.

skills-galicia-1

O alumnado gañador de cada competición participará no campionato nacional Spain Skills e as medallas de ouro deste campionato participarán posteriormente no campionato internacional no europeo Euroskills.

É así como no ano 2015 os alumnos competidores: Jhonathan Emmanuel Sanjinés Seminario e Jonatan Castelo Pires, chegaron ao Spainskills conseguindo a medaia de prata, e por non poder asistir os medaia de ouro (Cataluña) compiten do 1-3 de Decembro en Gothenburg (Suecia).

Dende aquí queremos resaltar a importancia desta participación tanto polo esforzo dos alumnos participantes, cuia traxectoria profesional esperemos sexa longa e fructífera, así como pola titora Ana Castro Puga.

goteborg-skills-alumnos

Desexámoslles moita sorte dende o centro ?

EuroSkills