O CIFP A Granxa conta cunha residencia de estudantes con 18 habitacións dobres e 3 triplas, todas con baño e calefacción, e dispostas en dous pavillóns, un para homes e outro de mulleres. Conta con servicio de comedor (en rexime de autoservicio), salón, biblioteca e zona TV e wifi.Teléfono directo a residencia: 886 120 890
NOTA IMPORTANTE:
O horario deste servicio abrangue dende os domingos ás 20:00 horas ata o venres ás 15:45 horas.
Podes consultar máis información a través do regulamento de réxime interno da residencia
SOLICITUDE PRAZAS DA RESIDENCIA CURSO 2016/2017
Os alumnos/as que vaian solicitar praza para Residencia e que desexen ser puntuados na baremación deberán presentar:
- A solicitude da praza da Residencia xunto coa solicitude de matrícula na Secretaría do centro.
- Documentación a efectos de baremo:
BAREMO:
As solicitudes serán baremadas de acordo o seguinte criterio que se acompañará coa documentación que se indica:
- Distancia ao centro educativo (volante de empadroamento).
No caso de non presentar documentación para baremar puntuarase con cero puntos.