Empresa de consultoría orientada a facilitar a valoración e a supervisión das operacións de contratas que prestan servizos públicos oferta:

DOUS POSTOS DE INSPECTORES DE SERVIZO

Perfil dos candidatos/as:

– Estar en posesión dun título oficial de FP Medio ou Superior (Técnico en Xardinería e Florería / Técnico Superior en Paisaxismo e Medio Rural).

– Valorable experiencia no desenvolvemento de proxectos de xardinería e deseños artísticos de traballos de florería.

Funcións:

– Inspección de elementos ornamentais vexetais e non vexetais comprobando que os mesmos se atopan en perfecto estado de conservación, tomando como referencia o aspecto dos elementos na data da inauguración.

– Documentación das incidencias no servizo.

– Notificación das incidencias á empresa adxudicataria.

– Verificación posterior da resolución da incidencia.

– No caso de non ser resolta elevar e notificar as correspondentes non conformidades.

– Elaboración de informes.

Requisitos: Residencia en Vigo ou área metropolitana.

Contrato: Contrato Eventual con xornada de 21 horas semanais e horario partido. A duración do contrato será do 23 de novembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018.

Contacto: interesados/as, enviar C.V. a: orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es

               indicando en Asunto: Ref: Inspectores de Servicio