Esta semana o centro está en Santiago presentando o proxecto de innovación no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova Galicia). Unha magnífica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional en Galicia.
Proxecto de Innovación. Árbore Artificial para gabeo.
O noso proxecto de innovación consiste no diseño, fabricación e montaxe dun prototipo de árbore artificial innovador para á práctica do gabeo e os traballos en altura, que permita mellorar a destreza e a seguridade do alumnado, mantendo a saúde e a seguridad do patrimonio arbóreo do centro. Isto leva consigo, ademáis, a realización dun proxecto completo e complexo de estructura metálica fabricado por alumnos do IES de Salvaterra de Miño.
Agradecer dende a nosa páxina web ós alumnos e profesores do IES de Salvaterra o seu traballo para a elaboración do podódromo. ???
Xa está montado na @CidadedaCultura o podódromo feito polo alumnado de Soldadura nun proxecto co @cifpagranxa. #FPInnova2018 pic.twitter.com/C4c7M20XKE
— IES Salvaterra (@iessalvaterra) 25 de abril de 2018
Obxectivos
Os obxetivos deste proxecto de innovación son:
- Deseñar e realizar infraestructuras que faciliten a aprendizaxe das técnicas de traballo en altura en arboredo con seguridade.
- Dotar o centro dun equipamento innovador para a aprendizaxe das técnicas de poda, protenxendo a saúde do patrimonio arbóreo da Granxa.
- Mellorar os procesos de produción e prestación de servizos no ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría, da Familia de Fabricación Mecánica.
Partipantes
Neste proxecto de innovación participa o alumnado e profesorado de Agraria do CIFP A Granxa e de Fabricación Mecánica do IES de Salvaterra de Miño, coordinados polo profesor Andrés Pose Pérez.
Premios obtidos
Premio á innovación na FP, modalidade B, na convocatoria de 2017 pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Entidades colaboradoras
Dende O Centro queremos agradecer ás entidades colaboradoras no proxecto de innovación, sen elas esta idea sería moi difícil de realizar.
Moitas grazas a todos os que se pasaron polo noso Stand en Santiago durante estos días e agradecer os apoios que tivemos. Todavía quedan unhas horas.

A formación presume de Innovación. Noticia do Faro de Vigo
Síguenos chegando máis noticias do acontecido a semana pasada no FP Innova. Todo un éxito para a formación profesional galega.
Unha das prioridades nos traballos en altura e a seguridade no traballo.
Con este proxecto, poderanse simultanear as distintas actividades dos traballos en altura en arboredo, nun espazo reducido e supervisado polo profesorado e mellorarase enormemente a seguridade das distintas actividades. A instalación dunhas plataformas interiores na estructura, permiten un rápido e seguro acceso e rescate en calquera punto da mesma.

Charla sobre o proxecto impartida polo profesor Andrés Pose