GaliciaSkills 2016

galiciaskillslogo

¿Qué é GaliciaSkills?

GaliciaSkills e o campionato galego de formación profesional, unha competición eminentemente práctica na que se miden as destrezas das persoas participantes. Alumnado de formación profesional, que demostrará a súa competencia profesional en representación do seu centro educativo.

¿Qué son skills?

Son as especialidades ou profesión das que vai haber competicións e que se corresponden con un ou máis ciclos formativos das familias profesionais.

¿En qué skills haberá competición en GaliciaSkills 2016?

  • Mecanizado
  • Soldadura
  • Enxeñaría de deseño mecánico – CAD
  • Tecnoloxía do automóbil
  • Pintura do automóbil
  • Deseño de páxinas web
  • Administración de sistemas en rede
  • Carpitaría / ebanistaría
  • Peiteado
  • Coidados de beleza
  • Control Industrial
  • Refrixeración
  • Mecatrónica
  • Tecnoloxía da moda
  • Pastelería
  • Cociña
  • Servicio de restaurante e bar
  • Xardinería paisaxística
  • Coidados de enfermaría

¿Quén pode participar?

Poden participar os centros públicos que impartan os ciclos formativos relacionados coas skills en competición. Cada centro seleccionará un competidor ou competidora por cada skill, coas excepcións de Mecatrónica e de Xardinería Paisaxística, onde participarán en equipo dúas persoas por centro.

¿En qué consiste o campionato?

Na realización de diversas probas prácticas, as persoas competidoras demostrarán as destrezas e as habilidades propias da súa profesión.

O alumnado competidor irá na compaña dun profesor ou profesora do centro, que exercerá a súa titoria e que xa se encargou da súa preparación para a competición.

Toda a información sobre o campionato podes consultala na páxina web: https://www.edu.xunta.es/fp

galiciaskills

¿Qué premios hai?

Haberá premios para o primeiro e o segundo clasificado de cada skill.

  1. Medalla de ouro. Formará parte do equipo galego que competirá representando a Galicia na Olimpiada Nacional da Formación Profesional, que se celebrará en Madrid en 2017.
  2. Medalla de prata. Quedará como suplente do equipo galego, no correspondente skill.

Certificacións

O alumnado participante recibirá un diploma acreditativo da súa participación no campionato.

O profesorado recibirá unha certificación de participación nunha actividade de innovación educativa.

Moita sorte a todos os participantes e sobretodo os do noso centro.

RELACIÓN DE CENTROS PARTICIPANTES EN GALICIASKILLS 2016