No centro temos unha estación meteorolóxica
No centro temos unha estación meteorolóxica da Xunta de Galicia dende onde damos distintos datos referentes a temperatura e humidade, radiación, precipitacións, presión, etc.
Podes consultar a nosa estación meteorolóxica na web de Meteogalicia e descargar os seus datos se os precisas.
¿Non a coñecías?
Pois está no medio da finca.
Información técnica da estación automática A GRANXA
A Estación A Granxa está ubicada a 42,18º de latitude e -8,52º de lonxitude e a unha altitude de 41 metros. Situada, daquela, no concello de Ponteareas , provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 13 de Febreiro de 2000.
Foto de Meteogalicia