O próximo xoves 8 de Febreiro, tendrá lugar o Entroido 2018 no CIFP A Granxa.
Temos preparado unha serie de eventos cun desfile de disfraces na escaleira da residencia a partir das dúas da tarde e votación e entrega de premios no salón. Despóis podedes disfrutar dunhas exquisitas orellas de entroido no comedor do centro e xogos tradicionais no exterior.
Pola tarde temos unha charla sobre o oficio de cabaqueiro (telleiro) a cargo de Xoán Martínez Tamuxe (O Rosal) e un concurso de disfraces. A partir das sete da tarde temos orellas de entroido para coller forzas e terminar coa votación e entrega de premios das disfraces.
Bases concurso disfraces Entroido 2018 na Granxa
Organizado polo EDLG da Granxa, a continuación mostramos as bases do concurso de disfraces Entroido 2018:
- A temática é libre
- A participación está aberta a todo o alumnado e persoal do CIFP A Granxa
- Os obxectivos deste concurso e preservar as tradicións culturais, dinamizar e fomentar a interacción social, a creatividade e a imaxinación.
- Haberá agasallos para o disfrace máis votado, tanto individual como en equipo.