Concurso “Emprender dende a escola” 2017

A CECE (Confederación Española de Centros de Enseñanza) organiza e promove o concurso “Emprender dende a escola”. Dirixido ao alumnado de Formación Profesional e Bacharelato e que ten por finalidade promover o espíritu emprendedor e empresarial dentro dos centros educativos.

O alumnado deberá desenvolver unha idea de negocio, mediante a planificación das actividades necesarias para a creación e posta en funcionamiento dunha empresa, identificando os productos ou servizos da súa actividade, realizar un estudo da viabilidade económica da empresa en cuestión, deseñar os plans e elementos de marketing, así como calquera outra actividade vinculada co obxecto do proxecto.

Dende o Centro CIFP A Granxa animamos ao alumnado a participar nesta interesante iniciativa posto que será unha boa aprendizaxe para o que lles espera nos próximos anos no entorno laboral e económico que lles toca vivir. Tes de prazo de inscripción ata o día 15 de Abril de 2017.

Podes consultar as bases do concurso aquí