O programa Erasmus + foi aprobado polo Parlamento Europeo para o período 2014 – 2020 e entrou en vigor o 1 de Xaneiro de 2014.

Erasmus + ten como obxectivo mellorar as cualificacións e a empregabilidade, modernizar a educación, a formación e o traballo xuvenil.

Erasmus + ofrecerá a máis de catro millóns de europeos oportunidades de estudar, formarse, adquirir experiencia laboral e realizar actividades de voluntariado no estranxeiro.

En materia educativa abrangue todos os niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas.

Convocatoria Erasmus + para o Curso 2018 – 2019

Poden participar nesta convocatoria Erasmus + os estudantes dos ciclos medios e superiores que queiran facer a FCT nunha empresa europea, os recentemente titulados que queiran facer 6 meses de prácticas no extranxeiro nos 12 meses seguintes a ter rematado o ciclo.

erasmus_ciclos_medios_agranxa

Ciclos Medios

Os programas Erasmus + KA 102 para ciclos medios perseguen o intercambio cultural e profesional entre os alumnos dos diferentes centros de FP dos países europeos, para desenvolver as competencias propias do ciclo e favorecer o intercambio cultural e de boas prácticas entre os diferentes países membros.

Ofrece prazas para realización de FCT cunha duración de 11 semanas e para a realización de prácticas para titulados de 6 meses.

erasmus_ciclo_superior_agranxa

Ciclo Superior

Os programas Erasmus+ KA103 perseguen o intercambio cultural e profesional entre os alumnos dos diferentes centros de FP dos países europeos, para desenvolver as competencias propias do ciclo, e favorecer o intercambio cultural e de boas prácticas entre os diferentes países membros.

Ofrece prazas para realización de FCT  cunha duración de 70 días e prazas para realización de prácticas para titulados. Duración 3 meses subvencionadas, ata 6 meses sen subvención.

Podes consultar as bases da convocatoria a través do pdf oficial do centro o preguntando no departamento de dirección do centro.

E recorda que o prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de Xaneiro ás 12 da mañá.