Dende o centro CIFP A Granxa queremos animar a tódolos nosos alumnos e alumnas a participar nas Letras Galegas, por iso este ano propoñemos un concurso literario ao que estades todos e todas invitados.

O equipo de dinamización da lingua galega, a biblioteca e o departamento de EDLG do centro preparou unhas bases para o concurso literario.

concurso literario letras galegas

A temática ten que estar relacionada coas Letras Galegas e as nosas escritoras ou escritores. Tamén podes utilizar os nosos sectores profesionais (agraria, alimentaria e medio ambiente).
Os requerimentos son que o texto ten que ser en Lingua Galega e de creación propia, extensión de 1 páxina e a linguaxe, debuxos e temática sexan apropiados. Non se admitirán doutro xeito.
O obxectivo deste concurso literario e promover o interese pola nosa lingua, literatura e humor característico, dinamizar e fomentar a interacción social, a creatividade e a imaxinación.

O día das Letras Galegas está adicado á escritoria galega María Victoria Moreno. Se queres saber un pouco máis sobre a súa historia, podes votarlle un ollo o documento que preparamos no centro.

Díptico Exposición Día das Letras Galegas 2018

María Victoria Moreno – Día das Letras Galegas 17 de Maio de 2018

O luns 14 de Maio celebraremos no centro a entrega de agasallos do concurso literario e unha pequena homenaxe a María Victoria Moreno. Estades todos invitados.

Letras Galegas 2018