Publicada a Resolución do 19 de marzo de 2018 (DOG do 4 de abril de 2018) pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, e se convoca en réxime de concorrencia competitiva.

concurso-eduemprende-2018

Concurso Eduemprende Idea 2018 – Galicia

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Recibe máis información a través do enlace da Xunta de Galicia