Bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local  e de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, convócanse 101 bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedradestinadas a persoas tituladas universitarias ( 50 BOLSAS) ou e formación profesional de grado superior(51 BOLSAS), sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral mediante a  realización dunha práctica laboral nunha empresa.

A través do seguinte enlace poderán acceder a toda o información deste plan (titulacións convocadas Anexo I):

Plan de práctica laboral Deputación Provincial de Pontevedra

– Dotación Económica e duración: Oitocentos (800,00) euros ao mes para as persoas con titulación universitaria e Setecentos (700,00) euros ao mes para as de ciclos superiores de formación profesional.

periodo de duración da bolsa é de 6 meses coa posibilidade de prórroga de 6 meses máis.

– Prazo para presentar a solicitude: do 19 de setembro ata o 9 de outubro ambos inclusive

– Requisitos das persoas bolseiras:

  1. Ter a nacionalidade española ou dun dos países membros da Unión Europea
  2. Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007.
  4. Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física, psíquica ou sensorial que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcurra desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas.
  6. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa cunha duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
  7. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos.
  8. Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2017 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos.
  9. Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego.
  10. Non ter experiencia laboral previa superior a seis meses na profesión ou área de coñecementos, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin de alta como autónomo/a por un período de tempo de duración superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa.
  11. Acreditar o nivel Celga IV(para as bolsas de titulacións universitarias) e o Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional).
  12. Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino.
  13. Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Para máis información podes poñerte en contacto co noso departamento de orientación a través de seu email orientacion.cifp.granxa@edu.xunta.es ou chamando ó centro directamente no teléfono 886 12 08 80