I Curso de iniciación ás Aves Limícolas de Galicia

Unha ex-alumna do centro, pedíunos se podíamos facer difusión de un curso de Iniciación ás Aves Limícolas de Galicia. Despóis de falalo coa dirección aceptaron a proposta e por eso o poñemos na nosa nova web para que os interesados podan ter máis información sobre o mesmo.

O curso vai dirixido a todos os afeccionados á ornitoloxía, estudantes de bioloxía ou ciencias afíns e todas aquelas persoas interesadas na materia.

Non se precisan coñecementos previos, tan só certo interese nas aves.

O curso será nun entorno natural privilexiado a nivel ornitolóxico: O Complexo Intermareal Umia – O Grove e será impartido por todo un experto na zona e na materia das aves limícolas de Galicia, o naturista Xurxo Piñeiro, con moitos anos de experiencia e dedicación á ornitoloxía.

aves-limicolas-de-galicia

Tedes más información na súa web