Convocatoria aberta do proceso de acreditación de competencias 2017
A acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A súa finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías de formación.
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, facendo posible a transformación dos datos procedentes da súa actividad profesional e de outras aprendizaxes, en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
A acreditación de competencias farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.
A partir do 10 de xaneiro de 2017 estará activa a convocatoria do proceso de acreditación de competencias 2017 na web que a Xunta de Galicia habilita para cubrir a documentación necesaria.
Requisitos de participación no procedemento
Para acceder a convocatoria de acreditación de competencias 2017 os candidatos deberán cumprir algúns requisitos.
- Posuir a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán de Unión Europea.
- Ser maior de 18 anos para cualificación de nivel I e 20 anos para cualificación de competencia de niveis II e III
- Ter experiencia laboral ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
No caso de experiencia laboral, tes que xustificar 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria para unidades de competencia de niveis II e III, e polo menos 2 anos, cun mínimo de 1200 horas traballadas en total, para unidades de competencia de nivel I.
No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. - As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun curso de formación profesional inicial ni realizando formación profesional para o emprego conducente.
¿Queres xustificar o teu historial profesional ou formativo?
A experiencia laboral xustíficase cos seguintes documentos:
Para traballadores asalariados:
– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, a categoria laboral (grupo de cotización) e o período de contratación (vida laboral).
– Contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación do contrato, a actividade desenvolvida e o período en que se realizara a devandita actividade.
Para traballadores autónomos ou por conta propia:
– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña, dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente (vida laboral)
– Descripción da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que esta se realizou.
Para voluntarios ou bolseiros:
– Certificación da organización onde se prestou a asistencia, onde consten especificamente as actividades e as funcións realizadas, o ano en que se realizaron e o número total de horas dedicadas a elas.
Xustificación da formación:
Para as competencias profesionais adquiridas a través de vías non formais de formación, a xustificación realizarase mediante documento que acredite que a persoa candidata posúe formación relacionada coas unidades de competencia que se pretenden acreditar.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2017, ambos incluídos. So serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.