Acreditacións de competencia

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Información de interese

—01

O prazo de presentación de solicitudes acaba o día 3 de febreiro de 2017.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, situada na páxina web da Xunta de Galicia.
Unha vez cuberta, terás que imprímila e levala á secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso. Podes ir de forma presencial o envialo por Correo. Recorda levar toda a documentación solicitada.

“Recorda, o último día o 3 de Febreiro. ¡¡Date presa!!”

—02

O proceso de acreditación non é inmediato. Será en diferentes fases e se axustará ao seguinte calendario.
As listaxes de solicitantes e provisionais poderán ser consultadas na web do centro o na web da Xunta de Galicia

—03

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avalición de competencias, a persoa candidata admitida, terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.
Podes consultar aquí as tasas.

Compartir en

twitter pinterest facebook