Esta semana estamos na ciencia nas rúas de Ponteareas. Unha terceira edición que ten como intención sacar a ciencia á rúa e achegala a cidadanía.
Máis información no Portal das Ciencias de Ponteareas
Da man da Concelleira de Ensino, Cristina Fernández e dos centros educativos de Ponteareas, a Ciencia nas rúas de Ponteareas ofrece un amplo programa con diferentes actividades e conferencias entre os que destacan a Aula Didáctica sobre Os montes do Condado-Paradanta para mostrar dun xeito educativo e divertido os animais dos nosos montes. Unha interesante Esposición de Fotografía Ponteareas e o Medio Ambiente, con imáxenes sorprendentes da paixase de Ponteareas, instalada no Auditorio Municipal. E moitas máis actividades durante esta semana da Ciencia nas rúas de Ponteareas.
O CIFP A Granxa sempre apoia este tipo de iniciativas para mostrar de unha forma didáctica e divertido o que facemos cada día nos diferentes centros educativos da comarca de Ponteareas.
Participación dun dos nosos alumnos no congreso do alumnado que estase celebrando en Ponteareas con motivo da Semana das Ciencias.